Iberian Wolf
(Canis lupus sygnatus)

Alpha male in perfect "big bad wolf" pose - head down, eyes fixed, mouth open, forelegs stained with blood.

Controlled conditions.

Granada, Spain

ADEGA reclama da Xunta políticas e recursos para protexer o lobo e favorecer a coexistencia coa gandería

Ante as diferentes noticias saídas nestes días sobre o lobo en relación ao incremento no número de danos á gandería, dun suposto incremento das súas poboacións, e da demanda para que se autoricen controis da súa poboación, coma solución ao problema, a organización ecoloxista ven de emitir un comunicado para “axudar a entender” o problema según afirman.

Dende ADEGA, din  “defendemos que a coexistencia entre o lobo e a gandería non só é posible, senón que moi necesaria para manter a saúde dos nosos ecosistemas, e preservar un legado natural único e ecolóxicamente moi valioso”.

Segun ADEGA, a información e estudos que se dispoñen sobre o estado da poboación non demostran que se teña incrementado o número de lobos na Galicia. Estaríamos ante unha poboación estancada, que non medra, polo forte persecución e mortalidade que soporta anualmente. O feito de que se rexistren máis danos dende o 2015 responde, máis ben, á mellora e optimización do sistema de recollida de avisos disposto dende a Xunta, e a publicidade e que se triplicaron as axudas dos pagos (aínda así, de modo insuficiente). Probablemente estamos ante uns danos moi semellantes a anos anteriores, pero agora comunícanse.

Dende a organización afirman compartir “as reivindicacións dos afectados que padecen ataques de lobo,  son lóxicas e lexitimas, no sentido de sentirse desprotexidos ante unhas perdidas económicas que, aínda sendo globalmente moi reducidas, sobre as economías familiares de quen as sofre son importantes, e a desatención da Administración ante este problema xera unha frustración e desanimo que finalmente, case sempre, acábase cebando co lobo”.

Ao tempo, afirman “defendemos, ante os que piden a posta en marcha de medidas letais para eliminar lobos, que debe respectarse o sentir maioritario de que esta especie forma parte dun legado natural de extraordinario valor patrimonial, e da que se agarda que as Administracións muden, dunha vez, a súa idea de entender o lobo coma un problema, nunha visión trasnoitada, e poñan os esforzos e recursos necesarios para a súa conservación conforme ás recomendacións científicas que se veñen publicando a nivel mundial nos últimos anos”.

Para Adega “os controis de poboación de lobo so veñen a demostrar a existencia dun fracaso de xestión por parte da Administración, das que se sabe que non valen absolutamente pra nada a efectos de solucionar problemas de coexistencia, e que sen embargo atentan contra a conservación da especie que, xa de por si, está exposta a unha mortalidade ilegal moi elevada, con 200 a 300 lobos que morren anualmente”.

Detéctase que estamos ante unha situación “caótica” na atención que a Xunta presta a este asunto. Hai unha insuficiencia importante na dotación de recursos e esforzo que se destinan para tratar de favorecer unha situación de coexistencia, así coma unha importante falta de sensibilidade. Para o ano 2017, estima ADEGA, que o alcance de danos ten un custe de case 500 mil euros, pero a Xunta so destina a metade para cubrir ditos danos e, incluso, sorprendentemente, a pesar de que se incrementaron os rexistros de danos, reduciu as axudas en cen mil euros. Ademais non se convocaron axudas para fomentar medidas de manexo preventivo. A prevención pasa por ser a acción fundamental dende a Xunta para abordar este problema e, sen embargo, non se aposta decididamente por esa estratexia.