Cartaz-Morcegada-2-Arnego-Fundacion-Biodiversida.-Borrador1.

ADEGA organiza este mércores unha Noite dos Morcegos

O colectivo ecoloxista continúa as actividades do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego

O experto Xosé Pardavila guiará a xornada de estudo e revisión das caixas-refuxios instaladas nesta zona

24-09-2018

O colectivo ecoloxista ADEGA organiza este mércores 26 unha nova xornada de estudo dos morcegos no Sobreiral do Arnego. Trátase dunha proposta que se inclúe no proxecto de custodia no que se inclúe parte deste espazo  de Rede Natura. Un experto nestes animais encargarase de guiar a sesión que é gratuíta e aberta ó público.

 

ADEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego, no que o colectivo ecoloxista ten un acordo de Custodia do Territorio  dende o 21 de marzo de 2016. As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Neste proxecto están a realizárense inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos asi como actividades de voluntariado ambiental.

A actividade de estudo dos morcegos do próximo mércores dará comezo ás 18.00h da tarde. A acción estará centrada no estudos dos morcegos presentes no Sobreiral do Arnego. Da man de Xosé Pardavila da empresa SOREX realizán unha Noite dos morcegos. A actividade consistirá na revisión das caixas-refuxio instaladas na parcela da Zarra da Pena en xornadas anteriores para ver se foron ocupadas. A seguir instalaranse as redes para a captura dos morcegos e analizarase o mesmo con detectores de ultrasóns.

Todas as actividades son gratuítas, mais é preciso inscribirse, xa que as persoas participantes terán cubertos os gastos de manutención.

Ate o momento xa hai xente apuntada de boa parte de Galicia. Para dispoñer de máis información sobre esta iniciativa ou formular as inscricións é preciso contactar con Ramsés Pérez no email ramses@adega.gal ou nos teléfonos 981 57 00 99 / 616 23 80 50.