Costa Dexo Galicia

A Costa de Dexo

A Costa de Dexo, monumento natural galego

Esta franxa de terreo costeiro, que se limita a unha área liñal de escasos e serpenteantes 10 quilómetros, está situada no noroeste da provincia de A Coruña, no concello de Oleiros, no fondo do chamado Golfo Ártabro. Este espazo natural foi declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Monumento Natural no ano 2000. Os nucleos de poboación máis destacados son o de Mera, Dexo e Lorbé, todos eles pertencentes ó mencionado concello coruñés.

A Costa de Dexo, dende o Cabo de Mera ata o porto de Lorbé, caracterízase pola presenza de acantilados mariños, illotes e pequenas calas e enseadas, moitas delas inaccesibles, que conforman unha paisaxe espectacular. A elo súmase tamén a riqueza faunística  da zona, propia de acantilados mariños, entre a que se atopan especies case únicas en Galicia. O Seixo Branco, que recibe este nome por unha gran veta de cuarzo (seixo), ofrece unhas impresionantes vista da ría, ó igual que  o Centro de Interpretación Casa do Fareiro de Mera, que permite coñecer os ecosistemas da zona. Referencia xeográfica obligada na zona é a illa da Marola, sobre a que o refrán dos mariñeiros da zona reza que “quen pasou a Marola pasou a mar toda”. Son estos só algúns dos principais atractivos do lugar.

En canto á fauna da zona, teñen unha importancia vital as aves mariñas como o corvo mariño cristado, ata hai pouco desaparecido da zona, a gaivota patiamarela, o paíño pequeno, o corvo mariño grande, o falcón peregrino ou o lagarteiro. No entorno poderemos observar a papuxa do mato e a noitarega. O lagarto das silveiras, a lagarta galega, a lontra ou o tourón son outras das especies animais con presenza na zona. A vexetación existente na Costa de Dexo é a característica das costas atlánticas, con herbais e matogueiras onde domina o toxo e con plantacións de piñeiros e eucaliptos, entre os que tamén se poden apreciar cada vez menos árbores autóctonas como os carballos e os loureiros.

Os riscos ambientais deste Monumento Natural son os propios do reducido da súa extensión e de estar rodeados de vivendas por todas partes, especialmente zonas residenciais, coa conseguinte presión urbanística, principal problema deste anaco de costa xunto coas plantacións forestais de eucaliptos.  Sen embargo, a declaración desta zona como Monumento Natural permitiu liberalo da extensión das urbanizacións de vivendas unifamiliares que proliferan na zona.

Ver: a nosa recomendación é realizar o percorrido da liña costeira das parroquias de Mera, Dexo e Lorbé, nas que se ubica gran parte deste Monumento Natural, de forma singular, “subir” ó Seixo Branco, promontorio situado sobre a ría de Sada-Betanzos-Ares que ofrece unhas vistas maravillosas de parte da costa coruñesa. As praias son outro dos atractivos deste espazo, con areais espectaculares nas cercanías como os de Cirro ou San Pedro, a carón do porto de Lorbé.

Chegar: o municipio de Oleiros está ben comunicado e é accesible dende A Coruña pola Ponte da Pasaxe e dende a Autopista do Atlántico a través da saída na Ponte do Burgo, así como pola zona norte da provincia coruñesa a través da vila de Sada, coa que limita a parroquia de Lorbé.

Comer: o mexillón é o gran protagonista da gastronomía da zona, particularmente da parroquia de Lorbé, onde se ubican as maiores explotacións de mexillón en batea do norte de Galicia. Os restaurantes de Lorbé ofrecen, ademais, outros productos de gran calidade relacionados co cultivo en batea como a zamburiña e, en xeral, todos os mariscos e pescados que se capturan nesta ría e que podemos degustar en fresco.

Aloxamento: a zona metropolitana de A Coruña ofrece numerosas posibilidades, dende campings ata casas rurais pasando por hoteis de catro e cinco estrelas. Os núcleos urbanos máis cercanos ó Monumento Natural son os de Santa Cruz e Santa Cristina, en Oleiros, e a vila de Sada, a escasos 10 quilómetros.

Créditos:
Texto: Redacción Fotografía Cabeceira: Fuente:Wikimedia Commons. Autor: Tanja Freibott